¿Quen somos?

Coñece que é o que facemos e aquilo polo que loitamos.

Orixe da Asociación

.

A Asociación nace pola necesidade de unión dun grupo de pais e nais na procura de mecanismos de intervención terapéutica para os seus fillos e fillas, dando así unha resposta común ás dificultades que esta patoloxía provoca.

Pontevedra é unha comarca cunha gran capacidade de servizos de atención as necesaidades da infancia e mocidade, pero carente dun recurso específico para a axuda, diagnóstico e orientación de menores e maiores con TDAH e as súas familias. É por iso que xorde ADAHPO, no ano 2012, como unha medida desesperada de todas aquelas familias que necesiban dar resposta as súas necesidades. Comezando cun total de 35 socios, hoxe en día atende a máis de 200 familias asociadas de toda a comarca Pontevedresa.
ADAHPO interven nas necesidades educativas, psicolóxicas e sociais dos neno, nenas e adolescentes que padecen este trastorno, ademais de achegar formación para educadores e educadoras, mestres e mestras, pais e nais, realízanse terapias e actuacións específicas, deféndense os seus dereitos e dáse apoio ao resto da unidade familiar a nivel social, sanitario, educativo e legal. #Priorizar a axuda e intervención a todas as familias, independentemente dos seus recursos, ofrecéndolles as intervencións necesarias que axuden a mellorar o seu benestar en todos os ámbitos da súa vida.

O noso esforzo

Tras tres anos de andanza ADAHPO puido desenvolver diferentes acción no marco institucional e social sendo recoñecida como unha institución punteira no sector polos logros conseguido en tan pouco tempo:

  • Formar parte activa no deseño do Protocolo de Deteción e Intervención Escolar, elaborado pola Xunta de Galicia (ano 2013).

 

  • Promotora da unificación de Asociacións de TDAH en Galicia dando orixe a Federación Galega de TDAH ( fegadah) presidida pola nosa presidenta Dna. Monserrat Álvarez (ano 2015).3).

 

  • Impulsora no deseño e implementación do PROGRAMA CONVIVE para o control e intervención do alumnado con condutas disrruptivas, expedientes disciplinarios e expulsión, dos centros educativos da provincia de Pontevedra. Asinando un convenio de colaboración que Federación de Asociacións de Nais e Pais de Pontevedra ( FANPA) (curso 2014/2015).
  • Posta en marcha da I Xornada de Atención á Diversidade:  “Por unha escola inclusiva”, no Concello de Pontevedra, coa colaboración do Centro de Formación e Recursos de Pontevedra ( CEFORE) (ano 2015).
  • Asinando o primeiro convenio en Galicia de cesión de instalación para actividades lúdico- educativos no marco da atención á diversidade e lecer adaptada a Necesidades Específicas,  polo Concello da A Lama (ano 2015)

  • Asociación sen ánimo de lucro galardoada que o PREMIO SERVIR 2015. Polo Rotary Club Pontevedra.
  • Colaboración directa cos Servizos sociais de base, Fiscalía de menores e centros pertencentes ao Servizo Galego de Proteción ao menor (ano 2014-2015 ). Atender a máis de 200 familias asociadas desde o nacemento da Asociación.

Os nosos obxectivos

OBXECTIVO XERAL.

Ofrecer ás persoas afectadas de TDAH atención específica e multidisciplinar, axudando á súa plena inclusión social e proporcionando apoio e asesoramento específico tanto a eles e elas como ás súas familias

OBXCETIVOS ESPECÍFICOS

  • Ofrecer un espazo de atención, aprendizaxe e acompañamento. Facilitar apoio psicopedagóxico integral. Proporcionar ferramentas de apoio educativo que faciliten o éxito escolar e persoal dos menores.
  • Desenvolver programas que melloren o seu sintomatoloxía de base e favorezan o seu desenvolvemento integral.
  • Prestar asesoramento xurídico na defensa dos dereitos dos afectados.
  • Promover o coñecemento das necesidades específicas do TDAH por parte da comunidade educativa, médica e outros axentes implicados, mediante cursos, charlas e xornadas.
  • Organizar actividades de lecer e tempo de lecer que redunden nuhna maior inclusión do colectivo, dos afectados.
  • Dar visibilidade ao trastorno nos medios de comunicación, favorecendo así o seu coñecemento e compresión social.
  • Colaborar e coperar con institucions públicas e privadas

 

¿QUIERES MÁS INFORMACIÓN?

Si estás interesado en conocer más acerca de la asociación o tienes cualquier otra duda estaremos encantados de que nos escribas.

8 + 15 =