Que é
TCC?

A Terapia Cognitivo Conductual é unha intervención a través da cal os usuarios identifican e comprenden como pensan acerca de si mesmos, doutras persoas e do ámbito que lle rodea, e como o que pensan afecta á súa forma de actuar e ao que senten.

Que obxectivos ten

TCC?

– Aumentar a autoestima
– Desenvolver a comunicación asertiva
– Aprender estratexias para a adecuada resolución de conflitos
– Traballar a educación emocional a través da identificación e expresión de sentimentos.

Que aspectos
mellora?

A TCC axuda ás persoas a cambiar a súa forma de pensar (cognitivo) e a súa forma de actuar (conductual). Estes cambios ocasionan que a persoa se sinta mellor consigo mesma (aumenta a súa autoestima, a seguridade en si mesma, etc.) e, en consecuencia, mellora o seu funcionamento en todos os ámbitos nos que se desenvolve (familia, amigos, colexio).

Que tipo de

intervención se realiza?

A metodoloxía é activa, participativa, dinámica e flexible. Se fomentan os traballos en grupo e a cooperación xa que se buscan que todos os participantes se impliquen en cada unha das actividades que se levarán a cabo, así como que cada un deles teña o seu momento de protagonismo.
As sesións adáptanse co obxectivo de cubrir todas as necesidades que presenten os participantes e de que estes asimilen os conceptos traballados.s.

Que é
PROACTE?

É unha dobre intervención destinada a adolescentes na que se traballa tanto a nivel cognitivo como a nivel social e emocional.

Que obxectivos ten

PROACTE?

A intervención busca mellorar as habilidades sociais, emocionais e comunicativas que permiten un adecuado afrontamento das situacións cotiás e a resolución de posibles conflitos interpersoais , así como entrenar as habilidades cognitivas implicadas no funcionamento executivo (atención, memoria, organización, planificación e autorregulación)..

Que aspectos
mellora?

– Habilidades de comunicación asertiva
– Aprendizaxe de estrateias para unha adecuada resolución de conflitos.
– Identificación e expresión de sentimentos.
– Compartir experiencias persoais co grupo de iguais.
– Establecer relacións interpersoais adecuadas.
– Atención e concentración.
– Organización e xestión do tempo.
– Autoestima polo aumento da motivación.
– Maior capacidade para a resolución de tarefa

Que tipo de

intervención se realiza?

A metodoloxía é activa, participativa, dinámica e flexible. Fomentamos o traballo en grupo e a cooperación, xa que se busca que os participantes se impliquen nas actividades e establezan vínculos positivos cos seus compañeiros, favorecendo a súa iniciativa para compartir situación e experiencias diarias nun ambiente onde se sintan aceptados e comprendidos.
As sesión adáptanse co obxectivo de cubrir todas as necesidades que presenten as persoas participantes e de que asimilen os conceptos traballados.

Que é
ITAE?

A Intervención terapéutica de apoio educativo é un programa psicopedagóxico que se leva a cabo de forma paralela á educación regulada.

Incídese sobre a repercusión negativa das condutas desadaptativas mostradas dentro do ámbito escolar así como as dificultades que presentan en cada área.

Fomentaranse condutas apropiadas para a aprendizaxe mediante prelectura, cálculo, análise e subliñado, esquemas ou resumos.

Que obxectivos ten ITAE?

– Traballar os hábitos que fomentan condutas apropiadas para a aprendizaxe e as técnicas de estudo.

– Elaborar e ensinar estratexias para a preparación e elaboración de exames.

– Ensinar e reforzar condutas apropiadas e facilitadoras dun bo estudo e cumprimento de tarefas.

Que aspectos mellora?

Mediante esta intervención perséguese mellorar os seguintes aspectos:

– Mellorar a atención e a concentración
– Mellorar a organización e xestión do tempo.
– Mellorar a autoestima polo aumento de motivación.
– Maior capacidade para a resolución de tarefas.

(Está demostrado que a mellora destes aspectos repercute sobre a conduta de xeito positivo).

Que tipo de

intervención se realiza?

Dentro do grupo terase en conta de xeito individual as necesidades específicas de cada alumno/a fomentando actividades grupales ou individuais dinámicas nas que se busca reforzar os obxectivos descritos anteriormente.
Trabállase de xeito conxunto co centro escolar de referencia.

Que é ITE?

Tratase dunha intervención terapéutica educativa que centrase en mellorar as capacidades cognitivas implicadas no funcionamento executivo.

O programa ITE busca  favorecer o desenvolvemento dis funcións afectadas e aplicar estratexias adecuadas para enfrontarse a diversos contextos, tanto ás aprendizaxes académicas como á vida cotiá, logrando á vez mellorar a autoestima do neno.

Que obxectivos

ten ITE?

– Entrenar os procesos atencionales, a concentración e a memoria.
– Incrementar as condutas apropiadas para a aprendizaxe mediante o traballo da compresión, a expresión escrita e oral, o cáculo e a creatividade.
– Fomentar o razonamento lóxico e a fluidez verbal.
– Mellorar a autoestima aumentando a motivación e a capacidade para a resolución de tarefas.

Que é TOY`?

Tratase dunha intervención psicopedagóxica creada para favorecer o desenvolvemento integral de nenos e nenas de idades tempranas que presentan NEAE. O programa pretende disminuir conductas desadaptativas, mellorar os niveis de tolerancia á frustración e aprender a xestionar emocións e sentimentos nun espazo lúdico, artístico e inclusivo.

Que obxectivos

ten TOY?

  • Mellorar aspectos comunicativos do lenguaxe
  • Descubrir e comprender a realidade na que están inmersos
  • Educar en valores
  • Favorecer o desenvolvemento social e emocional:
  • Mellorar a interacción social
  • Aprender a respetar normas e límites

¿ Que aspectos mellora ?

O programa ten como finalidade mellorar as habilidades sociais e comunicativas mediante a escucha empática e activa, favorecer a toma de decisións e resolución de problemas identificando as consecuencias da súa conducta e a adquisición de forma progresiva de maior autonomía e responsabilidade. Así pois, se consegue a modificación conductual e favorécese o desenvolvemento dunha imaxe positiva.

¿ Que tipo de intervención se realiza ?

A intervención ten como principios o enfoque globalizador e o carácter lúdico propio dos nenos/as que serán protagonistas de aprendizaxes significativas e de actividades altamente motivadoras. Propiciamos a creación dun clima de confianza e afecto, minimizando fracasos e resaltando logros mediante a motivación, o reforzo positivo, o traballo cooperativo e o respecto á diversidade

    Que é DRAWHERE?

    Drawhere! é un programa que pretende servir de ferramenta coa que traballar a atención, mellorar o estado de ánimo e potenciar a creatividade dos adolescentes con TDA/H.

    Para iso utilizaranse diversas técnicas e exercicios relacionados co debuxo e a expresión artística.

    Que obxectivos ten

    DRAWHERE?

    O obxectivo do programa é mellorar a atención, a concentración e o comportamento inadecuado, mediante unha actividade lúdica e pracenteira.
    Así mesmo comprobar de primeira man que poden beneficiarse da expresión gráfica para mellorar certos aspectos da súa vida.

    Polo tanto non se necesita ningún coñecemento previo tán só ganas de aprender.

    Que aspectos mellora?

    Son numerosos os beneficios que se obtén coa práctica do debuxo, concretamente unha persoa con TDA/h ou NEAE pode experimentar:

    – Mellora da capacidade de recoñecer, identificar e expresar as súas emocións

    – Mellora da impulsividade, capacidade de planificación e constancia na elaboración de tarefas

    – Mellora da autoestima e habilidades sociais animándoo a expoñer e comentar os seus traballos.

    .

     Que tipo de intervención

    se realiza?

    Prepararanse exercicios comúns e outros personalizados segundo os intereses de cada alumno, xa sexan estes debuxo por afición, ou enfocado a un futuro máis profesional como pode ser inclusión nun ciclo de gráfica, ilustración ou belas artes.

    Que é ACE?

    O adestramento en Habilidades Sociais prepara e fortalece a persoa para afrontar dunha forma máis adaptada os retos que lle formula vivir en comunidade, enfrontar os acontecementos vitais e resolver os conflitos familiares ou sociais que se lle presentan.

    Numerosos estudos sinalan a eficacia do adestramento en habilidades sociais, entre as que se inclúen as habilidades de conversación, facer peticións, asertividad, habilidades para desenvolverse no medio, etc.

    Que obxectivos ten ACE?

    – Aumentar a autoestima
    – Desenvolver a comunicación asertiva
    – Aprender estratexias para a axeitada resolución de conflitos
    – Traballar a educación emocional a través da identificación e expresión de sentimentos

    Que aspectos

    mellora?

    Debido a que os adolescentes con TDA/h e NEAE xeralmente presentan baixa autoestima e teñen dificultades para comunicarse axeitadamente, consideramos necesario traballar cada un destes aspectos, xunto coa xestión persoal de sentimentos e emocións xa que estes repercuten no seu estado de ánimo e nos seus relaciones,consiguiendo:
    -Mellorar o estado de ánimo
    -Establecer relacións interpersoais axeitadas
    -Aprender a valorar os sentimentos e emocións propios e alleos

    Que obxectivos

    ten ACE?

    Levaranse a cabo actividades prácticas, utilizando soportes audiovisuais que resulten atractivos para os usuarios.
    Fomentarase o traballo en equipo e a cooperación, buscando que todos os participantes se impliquen en cada unha das actividades, así como que cada un deles teña o seu momento de protagonismo.

    Que aspectos

    mellora?

    Debido a que os adolescentes con TDA/h e NEAE xeralmente presentan baixa autoestima e teñen dificultades para comunicarse axeitadamente, consideramos necesario traballar cada un destes aspectos, xunto coa xestión persoal de sentimentos e emocións xa que estes repercuten no seu estado de ánimo e nos seus relaciones,consiguiendo:
    -Mellorar o estado de ánimo
    -Establecer relacións interpersoais axeitadas
    -Aprender a valorar os sentimentos e emocións propios e alleos

    Que obxectivos

    ten ACE?

    Levaranse a cabo actividades prácticas, utilizando soportes audiovisuais que resulten atractivos para os usuarios.
    Fomentarase o traballo en equipo e a cooperación, buscando que todos os participantes se impliquen en cada unha das actividades, así como que cada un deles teña o seu momento de protagonismo.